lunes, 27 de octubre de 2014

Hey, de vuelta estamos!

Hola a todos! Que tal? Espero que los que leiais  este blog para estudiar en septiembre hayáis aprobado y todo vaya bien.  En realidad esta entrada es para anunviar que en un par de dias volveré oficialmente con el blog para los alumnos de 4 de este año. Se que no estais acostumbrados a este tipo de historia , asi que quiero ayudaros un poco. No me cuesta nada, me encanta hacer estas cosas.  Eso sí.  Aviso que a lo mejor los apuntes que subo tienen sus faltas de ortografía y esas cosas. Eso es porque se me estropeó el ordenador y a veces tengo que escribir desde los del instituto.  Mil perdones por si os sangran los ojos.
Un beso
Buena suerte a todos

sábado, 21 de junio de 2014

felices vacaciones

hola a todos. Bueno, aunque el curso ya ha acabado sé que hay gente que lee este blog a los que le ha quedado historia. Así que si necesitais que suba los apuntes de las otras evaluaciones yo estoy dispuesta a hacerlo, que ya los tengo en el ordenador. Además me ofrezco a dar clases durante el mes de julio, porque en agosto me voy.
 Felices vacaciones!

sábado, 14 de junio de 2014

O comezo da 2ª Guerra Mundial

Coa chegada de Hitler ao poder Alemaña desenvolveu unha economía fortemente baseada nos proxectos expansionistas e militaristas, pois Hitler consideraba que os territorios cunha poboación alemá debían estar adheridos ao Estado alemán, así como a falta de espazo vital debido a demografía crecente de Alemaña . Así que, cunha economía fortemente orientada cara a industria armamentística  Hitler comenzou a planear a contrucción do seu gran imperio.
Xunto con Alemañan , Italia e Xapón tamén desexaban darlle a volta ao mapa do mundo. Aa principais potencias mundiais como Francia, Gran Bretaña e EE.UU non prestaron atención ás ansias de Hitler e os seus por controlar o mundo. No caso de Francia foi porque esta estaba moi debilitada e ao borde incluso da guerra civil. Por outra banda Gran Bretaña adoptuou unha política de contención e EE.UU gravemente perxudicado pola crise de 1929 adoptou unha política de aillacionismo con respecto ao resto do mundo. Unha das súas accións para recuperar a estabilidade económica foi retirar o seu apoio económico á Sociedade de Nacións.
Os pasos cara a guerra foron os seguintes.
Comeza en Xapón a invasión a Manchuria, apoiada por Alemaña en 1933. Italia por outra banda reclama Abisinia en 1935 e Albania co apoio tamén de Alemaña. O seguinte paso, que supuxo a firma do pacto do eixe Roma-Berlín, foi a intervención de Italia e Alemaña na Guerra Civil Española (1936-1939).
Ese mesmo ano Hitler comeza o reame alemán coa remilitarización da Renania (Rexión do Rhin) prohibida no Diktat de Versalles, e firma o pacto Antikomitern ( Xapón-Italia-Alemaña).
En 1938 Austria comeza a adquirrir a ideoloxía nazi e alíase con Alemaña (Anchluss). Hitler da o seguinte paso na reclamación dos Sudetes, exposta na Conferencia de Múnich onde finalmente fracasou a política de contención das democracias pois nesta, reuníronse os fascismos e as democracias francesa e británica,  que pretendían frear o expansionismo alemán. Gran Bretaña adoptou unha política débil e concesiva con Alemaña por dous motivos: un foi porque inxenuamente pensaba que podían "saciar" a Hitler, e porque ademais a súa alida Francia era máis débil que en 1914. Por último consideraban que poderían perder as súas colonias en Asia frente a nova aliada de Alemaña, Xapón.
Italia e Alemaña renovan a súa alianza en 1939 co pacto de aceiro
O paso final que desembocou na 2ª Guerra Mundial foi a invasión de Polonia o 1 de setembro de 1939 onde Alemaña aliouse con a URSS ( pacto xermano-soviético) para conseguir Polonia. Neste punto Gran Bretaña lle declara a guerra a Alemaña e aos seus aliados.

A Ditadura nazi

Cos dous poderes principais do Estado en mans de Hitler , Alemaña converteuse nun estado totalitario, réxime político que persegue un estado forte, unindo ferreamente o corpo social do país. Isto só se pode conseguir mediante a supresión dos dereitos individuais,a democracia a iniciativa privada.
O Estado alemán caracterizábase poloantimarxismo, rechazo ao concepto marxista da loita de clases, pois debilita ó corpo social da nación; xunto co antisemitismo, rechazo total ao pobo xudeu, que sucedeu en tres fases ou etapas: as Leis de Nuremberg en 1935, que prohibían calquer tipo de relación sentimental con xente de raza xudeu, xa que un alemán ario debía preservar a súa sangue, que era das máis valiosas e importante do mundo; a Noite dos Cristais Rotos en 1938, onde se iniciou a persecución na rúa co boicot aos negocios xudeus e a queima de sinagogas, e por último, a solución final ou Holocausto a que, tras a conferencia de Wonsee e durante a 2ª Guerra Mundial, supoñia a eliminación "industrial" e sistemática de todos os xudeus de Alemaña e dos países ocupados polo Reich.

O asalto ó poder

Con todas as causas derivadas da crise de 1929 os extremismos comezan a sacar cabeza. A xente, co medo a un novo intento de golpe de estado comunista apoian máis ao nazismo.
Así pois, nas eleccións lexislativas de 1932 Hitler convírtese en chanceler ostentando así o poder executivo. isto non sería posible sen o apoio de Hindenburg, que veía a Hitler como un mal necesario para acabar cos comunistas.
Coa queima do Reichtag (parlamento alemán) sucedeuse á ilegalización do partido comunista,principal contendente dos nazis, que foi acusado de ser o culpable de este incendio.
Finalmente Hitler chega ó poder nas eleciións presidenciais de 1934, apoiado polos partidos de centro derita e a cidadanía.

O nazismo (1ª parte)

Tras a derrota na 1ª Guerra Mundial e o intento de golpe de Estado comunista en Berlín, Guillermo II abdica deixando un vacío de poder en Alemaña. Como solución impóse a República de Weimar, constitución democrática promulgada na cidade de Weimar que convierte por primeira vez na historia de Alemaña , a esta como un estado democrático e liberal.
A raíz da derrota Alemaña perdeu numerosos territorios e cidadáns ademais de ter que pagar á Entente altísimas compensacións económicas. Isto provocou que, no ano 1923, debido á imposibilidade de Alemaña para pagra as coutas os franceses invadiran a cuanca do Ruhr, unha das rexión industrias máis importantes de Alemaña que, polas condicións do Diktat debía estar desmilitarizada. Isto activou de novo a nacionalismo alemán. a invasión coincidiu tamén co intenton de golpe de Estado de Hitler durante a festa da cervexa de Múnich. Este golpe de Estado fracasou e hitler foi condenado a pena de cárcel.
Así pois, co Crack da Bolsa de Nova York en 1929, sucedeuse en Alemaña unha gravísima crise económica en Alemaña , provocada pola descapitalización do diñeiro americano en Europa. Al inflación en Alemñana comezou a subir cada vez máis arrastrando consigo a ruina da burguesía e da clase media propietaria creando un desaxuste entre a oferta de bens e servizos e o diñeiro.
Os cidadáns intentan buscar solucións rápidas para saír da crise así que comezan a apoiarse no extremismos (comunismo e nacionalsocialismo) para buscar solucións rápidas, xa que consideraban á República como símbolo de debilidade.

El fascismo italiano

tras o fin da Primeira Guerra Mundial, Italia sufriu numerosas perdas tanto humanas como económicas. Ademais os acordos de paz firmados no Tratado de Versalles non satisfaceron aos italianos pois as principais potencias (Francia e Gran Bretaña) Non otorgaron ao Estado italiano os territorios de Fiume e Dalmacia co que o pensamento irredentista, a reivindicación de territorios considerados propios por parte do nacionalismo italiano, estendeuse. A isto sumouselle unha grave crise económica que levou a unha polarización política entre os que destacaban comunistas (extrema esquerda) e fascistas (extrema dereita). O sistema monárquico-liberal foise degradando cada vez máis ata dar lugar a gobernos de concentración, o que provocou numerosos desórdene (ocupacións de terras) , folgas e a ausencia de orde público.
Con todo isto e o medo a unha revolución comunista, os fascistas de Mussolini ou camisas negras, foron gañándo poder ata convertirse no PFI (partido fascista italiano) que promulgou a lei acervo, lei electoral que reducía a proporcionalidade entre o número de votos e a representación conseguinte dos deputados. Foi nas eleccións de 1922 cando esta lei fíxose efectiva e, tras numeros folgas propostas pola esquerda que desembocaron nun descontrol nas rúas, produciuse a Marcha sobre Roma, onde Mussolini e os seus Camisas Negras pretendían demostara a súa forza ante o Rei para que llles entregase o control do goberno.
Isto, xunto co asasinato de Matteotti, que provocou a fuxida dos membros socialistas do parlamento en sinal de protesta, supuxo un grave error pois a cámara quedou vacía de contido, quedando así a merced dos fascistas que xa controlaban o Goberno.
En 1924 os fascistas pecharon o Parlamento e estableceron unha ditadura.
(para entender mellor as diferenzas entre fascismo, comunismo e liberalismo, tedes que mirar a táboa que copiamos na clase)

Apuntes de la crisis del 29 y los fascismos

Hola a todos los de cuarto que leais este blog! A medida que pase la mañana iré subiendo los apuntes del fascismo y el nazismo, pero no los de la crisis de 1929 porque esos ya los dictó Fran.
Buena suerte a todos con los exámenes que os quedan! Espero que los apuntes os sirvan de ayuda.

martes, 20 de mayo de 2014

Inicio da guerra civil

Debido á polarización do goberno e ao clima revolucionario que se presenciaba na rúa, desencadeáronse unha serie de sucesos, como os asasinatos selectivos, que puexeron ao Estado en esntredito.
Este clima de violencia serviulles de preetexto á forzas antisistema ( monárquicos) para acelerar os seus plans golpistas.
O golpe de Estado comenzou o 18 de xulio de 1936 pero esta sublevación só triunfou nas zonas rurais ou de maioría conservadora, como Canarias, Galicia,etc. Non consegui triunfar nas grandes cidades que seguiron a ser republicanas non porque o Estado Republicano as defendera senón porque as milicias, grupos paramilitares irregulares creados polos partidos e sindicatos do frente popular dentro da zona republicana, foron provistas de armas polo Estado para facer fronte á zona sublevada. Con esta medida, conseguiuse frear a sublevación nas grandes cidades, pero tivo consecuencias gravísimas, pois o Goberno, ó ceder o monopolio da forza dos sindicatos, debilitouse irremediablemente permitindo a creación de microexércitos que defendían os seus intereses según o seu partido e non según o Estado Republicano.
os distintos bandos contaron con axuda das potencias internacionais, que máis tarde serían as forzas combatentes na Segunda Guerra Mundial. A URSS apoia aos republicanos e proporciona o material militar necesario, mentres que a Alemaña nazi e a Italia fascista, que se implicou máis, apoiaban aos sublevados trouxeron o material militar innnovador que máis tarde será o que se utilice na Segunda Guerra mundial, tal como as bombas incendiarias ou a Lexión Condor. Doutra banda ás democracias como Gran Bretaña ou Francia mantivéronse neutrais por medo á gran Alemaña ( Comité de Non Intervención)

sábado, 17 de mayo de 2014

Ditadura de Primo de Rivera (1923-1931)

O golpe de estado que primo de rivera. A conflictividade social provocada polo escándalo parlamentario do expediente picasso, fixeron que o sistema liberal entrase en crise. Prácticamente ningún  sector político se opuxo (salvo os republicanos e a CNT), nin sequera  a poboación. Tampouco a Coroa fixo nada co que Alfonso XIII acabaría por unir o futuro da institución ao avance da ditadura. . Este golpe militar xustificouse coa intención de frear a revolución social que se aveciñaba, e presentábase como unha solución provisional, coa que se pretendía volver ao Rexeneracionismo.
Este novo réxime suspendeu a Constitución, pechou o parlamento e instaurou unha forte represión contra de as liberdades, os movementos obreiros e os nacionalismos, o que levou a supresión da Mancomunidade de Cataluña.

Unha vez solucionado o conflito de Marrocos grazas ó apoio de Francia en 1925, o réxime levou a cabo un programa de economía dirixida cunha serie de obras públicas para facer dismunuír o paro. Mais a crise de 1929 supuxo un desgaste para a economía española co que, a oposición á ditadura aumentou, provocando así a dimisión de Primo de Rivera.

sábado, 10 de mayo de 2014

Eleccións de febreiro de 1936

Debido aos enfrontamentos dos dous partidos gobernante, a CEDA e o partido radical, convocáronse unhas eleccións extraordinarias en febreiro de 1936. Estas eleccións se caracterizaron porque os partidos estaban moi polarizados. Os partidos da dereita como a CEDA ou a Falange presentáronse por separado, mentres que os partidos esquerditas como o PSOE, os republicanos e incluso os comunistas e a CNT, convencida tras a promesa de amnistía para todos os presos políticos incluídos os que tiñan delitos de sangre, presentáronse formando unha coalición electoral chamada Frente Popular. Aínda que a diferenza foi casi mínima o Frente Popular gaña as eleccións. Mais a dereita pretende derribar o sistema a través do exército. O PSOE entra nas Cortes e pretende utilizar as institucións para dar un Golpe de Estado. La calle se convierte en centro de discusión política, chegando incluso a haber mortes. O Estado perde o control da orde pública e as forzas extremistas da UXT, CNT e a Falange comezan a asasinar..

Bienio Conservador (1933-1936)

Tras a dimisión de Manuel Azaña, o presidente da República, Alcalá Zamora, convocou unhas novas eleccións lexislativas. Nestas eleccións de novembro de 1933, o partido da dereita católica, a CEDA, vence por maioría, pero Alcalá Zamora, temendo porque se producise unha rebelión dende dentro da Administración para acabar con ela, veta a Gil Robles, co que se produce a formación dun executivo "radical"( centrista) que ten como líder a Antonio Lerroux. ISto provoca que o partido radical conte co apoio da CEDA de forma intemitente, o que levou a unha auténtica parálise administrativa.
Coa entrada de dous ministros da CEDA no Consello de Ministros sucedéronse diversas revoltas sobre todo en Asturias e Cataluña, que non aceptaban a maioría da CEDA no goberno. En Asturias, tivo un carácter social, onde a maioría de partidos contrarios á CEDA ocuparon a zona mineira e procalamaron unha revolución social ("revolución bolchevique"), mentres que en Cataluña a Generalitat proclamou a independencia. Ambas protestas foron duramente reprimidas polo exército e as forzas de orde público.
A raíz das oposicións dos partidos gobernantes e as revoltas, convocáronse novas elección en febreiro de 1936.

Bienio reformista (1931-1933)

O novo goberno de coalición republicana e socialista comezou a reformar o país nun sentido democrático, laico e descentralizado. A primeira destas reformas foi a reforma relixiosa, co que se pretendía promover unha reforma educativa laica, perdendo así a Igrexia o seu poder. Despois a reforma territorial, que convertía a España nun estado integral, co que se permitían ás comunidades históricas establecer estatutos de autonomía e gobernos autónomos. A reforma agraria, a máis polémica, que pretendía poñerlle fin ao problema do latifundismo, lograr apoios socias para a república e modernizar o país. Por último, levouse a cabo unha reforma do exército que pretendía modernizar unha institución cun exceso de mandos, atrasada tecnicamente e sacala do eido político.
Pero estas reformas topáronse con partidos da oposición, como a CEDA ( partido católico),que se opoñía ás reformas relixiosas  e as clases altas de propietarios latifundistas. Estes partidos, xunto cunha parte do exército executaron o golpe militar de San Jurjo (1932).
Pero os partidos conservadores no eran os únicos descontentos ante estas medidas. Os sectores obreiro como a CNT ou a UXT tamén mostraban a súa negación á que a reforma agraria transcurrise dun modo tan lento e burocrático. Emprenderonse algúns levantamentos campesiños entre os que destaca Casas Viejas (1933).

Estes e outros levantamentos desprestixiaron ao goberno e levaron á dimisión de Manuel Azaña como presidente do goberno.

A Segunda República


Tras a dimisión de Primo de Rivera,  e as disensións no exército como as sublevacións de Taca encabezadas por Fermín Galán,  xurdiu a necesidade de modernizar a sociedade española e modificar o sistema de goberno.  Alfonso XIII nomeou ao xeneral Berenguer  xefe de goberno e ordenoulle convocar unhas eleccións para retornar á legalidade constitucional; esta fase coñécese como “dictablanda”. Xurdiu tamén durante esta época un  programa común da oposición á monarquía alfonsina  chamado  Pacto de San Sebastián que integraba ao PSOE, republicanos e catalanista de esquerda.
Nas eleccións municipais de 1931 foi a coalición republicano-socialista a que logrou a vitoria nas cidades. Comezaron pois unha serie de protestas pacíficas pedindo a proclamación dunha república. O rei Alfonso XIII soubo interpretar estas protestas e suspendeu a súa potestade real e exiliouse, xurdindo así a proclamación da II República.
Este novo goberno formado por republicanos e socialistas propuxo unha serie de reformas , entre elas a amnistía para todos os presos políticos, dereitos “colectivos” cos que pretendía mellorar os dereitos dos traballadores, unha nova ordenación electoral,para lograr unha democracia efectiva sen caer no caciquismo e, por último estableceuse unha Xeneralidade provisional para Cataluña.
Nun principio este goberno veuse ensombrecido por algunhas mostras de anticlericalismo como a queima de conventos e algunhas folgas obreiras por parte da CNT que aspiraba á revolución social.
En xuño de 1931 convocáronse eleccións a Cortes Constituíntes, nas que saíu elixida a coalición republicano-socialista, e que elaboraron a Constitución de 1931.

Esta Constitución tiña un carácter democrático, que recoñecía os dereitos individuais, a separación de poderes (executivo: Consello de Ministros e Presidente da República, lexislativo: Cortes)  e o sufraxio  universal tanto masculino como feminino. Esta constitución proclamaba a aconfesionalidade do Estado e á posibilidade de construír gobernos autonómicos. Opuxéronse a ela os partidos conservadores, a extrema dereita, os partidos de dereita, a Igrexia , un sector do exército e a extrema esquerda, xa que non aceptaban certos aspectos de carácter relixioso e autonómico.

Goberno de concentración (1918-1923)

Tras a crise de 1917 establecéronse gobernos de concentración nacional, gobernos que inclúen varias opcións políticas que pretende dar unha sensación de pluralidade, porque o parlamento permanece pechado.  Estes gobernos estiveron todos marcados por unha alta conflictividade social, sobre todo procedente dos sectores obreiros e o campesiñado. As folgas, a ocupación de terras latifundistas en Andalucía e as desórdenes a garda civil deron lugar ao chamado Trienio Bolchevique (1918-1921), e foron contestadas con dureza a través da lei de fugas, que anulaba algunhas das garantías constitucionais, e o pistoleirismo, grupos armados que impedían as folgas utilizandoa violencia contra os dirixentes obreiros.

Este período estivo tamén marcado polo problema marroquí. Tras o remate da Primeira Guerra Mundial, España quixo afianzar a súa presenza na zona marroquí . Pero o exército español tropezouse con Abd el Krin, que no ano 1921 conseguiu unir a todas as tribus de Marrocos e formar un exército que derrotou a España na batalla de Annual. Este desastre provocou que se abrise unha investigación por parte dunha comisión parlamentaria para depurar responsabilidades ( Expediente Picasso). O resultado de esta investigación foi a acusación a varios mandos militares e mesmo ó Rei, co que se produciu o Golpe de Estado de Primo de Rivera, apoiado polo monarca.

Crise da restauración (1898-1917)

Tras o desastre colonial de 1898, onde a España se lle arrebataron diversos territorios, entre eles o de Filipinas, que, azuzada por EE.UU Proclama a súa autonomía, ao igual que moitos estados do caribe. Isto levou a España a unha nova crise, co que, en lugar de centrar a súa atención en colonizar outros estados, centrou a súa atención no gobernó interior.
O Conxunto de políticas encamiñas a sacar de España do atraso político, económico e social, foi chamado Rexeneracionismo. Estes cambios procuraban cambiar a estrutura política en España, simplificar a administración e acabar co caciquismo para así lograr unha democracia real.
O primeiro goberno que adoptou estas medidas foi  o goberno conservador de Maura, que pretendía racionalizar a administración e loitar contra o caciquismo. Pero estas reformas víronse ensombrecidas por dous feitos. O primeiro foi a Guerra de Marrocos ( Barranco del lobo 1909), o que obrigou a Maura a decretar unha lei de militarización obrigatoria o que provocaba que as reservas , aqueles militares que tiñan familia,sairan a loitar. Isto provocou que miles de mulleres e nenos saísen a rúa para protestar, coincidindo cunha protesta sindical. Isto desembocou na Semana Tráxica de Barcelona, onde as protestas tiveron que ser apaciguadas polas forzas de orde público. Maura foi culpado por este feito, o que fixo imposible unha reforma do sistema e propiciou a entrada do partido liberal no goberno.
Coa entrada do partido liberal no Goberno debido á quenda dinástica, entra un novo líder, Canalejas. Canalejas propón tamén unha serie de reformas. Entre elas destacan a lei do candado, que separa Igrexia e Estado, co que evita o control da educación, promovendo así a enseñanza laica. Outra reforma é a lei do servizo militar obrigatorio, que obrigaba a todos os homes, daba igual á clase social á que pertenceran, a facer o servizo militar, sen posibilidade de rescates, co que pretendía acabar co caciquismo. Por último, Canalejas concedeulle a mancomunidade a Cataluña. A quenda do partido liberal rematou co asasinato de Canalejas por un anarquista en Madrid.
Durante este período entran en xogo novos partidos políticos da oposición, como o PSOE, que se dividía en dúas alas: a primeira, que pretendía derribar o sistema liberal e unha pequena minoría que consideraba a posibilidade de facer reformas.

Este período remata coa crise de 1917, provocada pola neutralidade de España na Primeira Guerra Mundial. España fíxose exportadora de armas, co que o empresariado comezou a enriquecerse. Pero os beneficios non son invertidos e incrementan a xornada laboral dos traballadores para poder seguir producindo masivamente. Isto provoca un incremento dos prezos e dos salarios, mais non proporcionalmente, o que provocou unha dura inflación e unha conflitividade social, co descontento de tres sectores: os sectores obreiros como a CNT ou a UXT;  os partidos políticos políticos “non dinásticos” (PSOE, LLIGA e republicanos), que esixiran a dimisión do goberno e a convocatoria de Cortes constituíntes; e, por último, o exército, que dividíase en dúas partes: as Xuntas de Defensa e os africanistas, enfrontados polo ascenso dos militares participantes na Guerra de Marrocos.

Introducción a España do século XX

Coa restauración borbónica e a procalamación dunha nova constitución en 1876, estableceuse un sistema político onde a soberanía era compartida entre a Nación e o Rei, e proclamaba o bipartidismo. O bipartidismo consistía nunha quenda pacífica, alternancia entre dous partidos políticos distintos que comparten unha base común ( mesma base social, defensa da mesma constitución, etc) alternándose no poder sen recorrer  á violencia (pronunciamentos).

jueves, 27 de marzo de 2014

Hola

Bueno aquí está. Después de que medio curso me pidiera que abriera un blog para mis apuntes de sociales, aquí está. A medida que vaya haciendo apuntes los subiré aquí, para que así no tengáis que venir pidiendo que los reenvie o que los envie.
hasta la próxima
besos