tras o fin da Primeira Guerra Mundial, Italia sufriu numerosas perdas tanto humanas como económicas. Ademais os acordos de paz firmados no Tratado de Versalles non satisfaceron aos italianos pois as principais potencias (Francia e Gran Bretaña) Non otorgaron ao Estado italiano os territorios de Fiume e Dalmacia co que o pensamento irredentista, a reivindicación de territorios considerados propios por parte do nacionalismo italiano, estendeuse. A isto sumouselle unha grave crise económica que levou a unha polarización política entre os que destacaban comunistas (extrema esquerda) e fascistas (extrema dereita). O sistema monárquico-liberal foise degradando cada vez máis ata dar lugar a gobernos de concentración, o que provocou numerosos desórdene (ocupacións de terras) , folgas e a ausencia de orde público.
Con todo isto e o medo a unha revolución comunista, os fascistas de Mussolini ou camisas negras, foron gañándo poder ata convertirse no PFI (partido fascista italiano) que promulgou a lei acervo, lei electoral que reducía a proporcionalidade entre o número de votos e a representación conseguinte dos deputados. Foi nas eleccións de 1922 cando esta lei fíxose efectiva e, tras numeros folgas propostas pola esquerda que desembocaron nun descontrol nas rúas, produciuse a Marcha sobre Roma, onde Mussolini e os seus Camisas Negras pretendían demostara a súa forza ante o Rei para que llles entregase o control do goberno.
Isto, xunto co asasinato de Matteotti, que provocou a fuxida dos membros socialistas do parlamento en sinal de protesta, supuxo un grave error pois a cámara quedou vacía de contido, quedando así a merced dos fascistas que xa controlaban o Goberno.
En 1924 os fascistas pecharon o Parlamento e estableceron unha ditadura.
(para entender mellor as diferenzas entre fascismo, comunismo e liberalismo, tedes que mirar a táboa que copiamos na clase)
No hay comentarios:
Publicar un comentario