sábado, 14 de junio de 2014

A Ditadura nazi

Cos dous poderes principais do Estado en mans de Hitler , Alemaña converteuse nun estado totalitario, réxime político que persegue un estado forte, unindo ferreamente o corpo social do país. Isto só se pode conseguir mediante a supresión dos dereitos individuais,a democracia a iniciativa privada.
O Estado alemán caracterizábase poloantimarxismo, rechazo ao concepto marxista da loita de clases, pois debilita ó corpo social da nación; xunto co antisemitismo, rechazo total ao pobo xudeu, que sucedeu en tres fases ou etapas: as Leis de Nuremberg en 1935, que prohibían calquer tipo de relación sentimental con xente de raza xudeu, xa que un alemán ario debía preservar a súa sangue, que era das máis valiosas e importante do mundo; a Noite dos Cristais Rotos en 1938, onde se iniciou a persecución na rúa co boicot aos negocios xudeus e a queima de sinagogas, e por último, a solución final ou Holocausto a que, tras a conferencia de Wonsee e durante a 2ª Guerra Mundial, supoñia a eliminación "industrial" e sistemática de todos os xudeus de Alemaña e dos países ocupados polo Reich.

No hay comentarios:

Publicar un comentario