sábado, 14 de junio de 2014

O comezo da 2ª Guerra Mundial

Coa chegada de Hitler ao poder Alemaña desenvolveu unha economía fortemente baseada nos proxectos expansionistas e militaristas, pois Hitler consideraba que os territorios cunha poboación alemá debían estar adheridos ao Estado alemán, así como a falta de espazo vital debido a demografía crecente de Alemaña . Así que, cunha economía fortemente orientada cara a industria armamentística  Hitler comenzou a planear a contrucción do seu gran imperio.
Xunto con Alemañan , Italia e Xapón tamén desexaban darlle a volta ao mapa do mundo. Aa principais potencias mundiais como Francia, Gran Bretaña e EE.UU non prestaron atención ás ansias de Hitler e os seus por controlar o mundo. No caso de Francia foi porque esta estaba moi debilitada e ao borde incluso da guerra civil. Por outra banda Gran Bretaña adoptuou unha política de contención e EE.UU gravemente perxudicado pola crise de 1929 adoptou unha política de aillacionismo con respecto ao resto do mundo. Unha das súas accións para recuperar a estabilidade económica foi retirar o seu apoio económico á Sociedade de Nacións.
Os pasos cara a guerra foron os seguintes.
Comeza en Xapón a invasión a Manchuria, apoiada por Alemaña en 1933. Italia por outra banda reclama Abisinia en 1935 e Albania co apoio tamén de Alemaña. O seguinte paso, que supuxo a firma do pacto do eixe Roma-Berlín, foi a intervención de Italia e Alemaña na Guerra Civil Española (1936-1939).
Ese mesmo ano Hitler comeza o reame alemán coa remilitarización da Renania (Rexión do Rhin) prohibida no Diktat de Versalles, e firma o pacto Antikomitern ( Xapón-Italia-Alemaña).
En 1938 Austria comeza a adquirrir a ideoloxía nazi e alíase con Alemaña (Anchluss). Hitler da o seguinte paso na reclamación dos Sudetes, exposta na Conferencia de Múnich onde finalmente fracasou a política de contención das democracias pois nesta, reuníronse os fascismos e as democracias francesa e británica,  que pretendían frear o expansionismo alemán. Gran Bretaña adoptou unha política débil e concesiva con Alemaña por dous motivos: un foi porque inxenuamente pensaba que podían "saciar" a Hitler, e porque ademais a súa alida Francia era máis débil que en 1914. Por último consideraban que poderían perder as súas colonias en Asia frente a nova aliada de Alemaña, Xapón.
Italia e Alemaña renovan a súa alianza en 1939 co pacto de aceiro
O paso final que desembocou na 2ª Guerra Mundial foi a invasión de Polonia o 1 de setembro de 1939 onde Alemaña aliouse con a URSS ( pacto xermano-soviético) para conseguir Polonia. Neste punto Gran Bretaña lle declara a guerra a Alemaña e aos seus aliados.

No hay comentarios:

Publicar un comentario