sábado, 10 de mayo de 2014

Bienio reformista (1931-1933)

O novo goberno de coalición republicana e socialista comezou a reformar o país nun sentido democrático, laico e descentralizado. A primeira destas reformas foi a reforma relixiosa, co que se pretendía promover unha reforma educativa laica, perdendo así a Igrexia o seu poder. Despois a reforma territorial, que convertía a España nun estado integral, co que se permitían ás comunidades históricas establecer estatutos de autonomía e gobernos autónomos. A reforma agraria, a máis polémica, que pretendía poñerlle fin ao problema do latifundismo, lograr apoios socias para a república e modernizar o país. Por último, levouse a cabo unha reforma do exército que pretendía modernizar unha institución cun exceso de mandos, atrasada tecnicamente e sacala do eido político.
Pero estas reformas topáronse con partidos da oposición, como a CEDA ( partido católico),que se opoñía ás reformas relixiosas  e as clases altas de propietarios latifundistas. Estes partidos, xunto cunha parte do exército executaron o golpe militar de San Jurjo (1932).
Pero os partidos conservadores no eran os únicos descontentos ante estas medidas. Os sectores obreiro como a CNT ou a UXT tamén mostraban a súa negación á que a reforma agraria transcurrise dun modo tan lento e burocrático. Emprenderonse algúns levantamentos campesiños entre os que destaca Casas Viejas (1933).

Estes e outros levantamentos desprestixiaron ao goberno e levaron á dimisión de Manuel Azaña como presidente do goberno.

No hay comentarios:

Publicar un comentario