Tras o desastre
colonial de 1898, onde a España se lle arrebataron diversos territorios, entre
eles o de Filipinas, que, azuzada por EE.UU Proclama a súa autonomía, ao igual
que moitos estados do caribe. Isto levou a España a unha nova crise, co que, en
lugar de centrar a súa atención en colonizar outros estados, centrou a súa atención
no gobernó interior.
O Conxunto de políticas encamiñas a sacar de
España do atraso político, económico e social, foi chamado Rexeneracionismo.
Estes cambios procuraban cambiar a estrutura política en España, simplificar a
administración e acabar co caciquismo para así lograr unha democracia real.
O primeiro goberno que adoptou estas medidas
foi o goberno conservador de Maura, que pretendía
racionalizar a administración e loitar contra o caciquismo. Pero estas reformas
víronse ensombrecidas por dous feitos. O primeiro foi a Guerra de Marrocos ( Barranco
del lobo 1909), o que obrigou a Maura a decretar unha lei de militarización
obrigatoria o que provocaba que as reservas , aqueles militares que tiñan
familia,sairan a loitar. Isto provocou que miles de mulleres e nenos saísen a rúa para
protestar, coincidindo cunha protesta sindical. Isto desembocou na Semana
Tráxica de Barcelona, onde as protestas tiveron que ser apaciguadas polas
forzas de orde público. Maura foi culpado por este feito, o que fixo imposible
unha reforma do sistema e propiciou a entrada do partido liberal no goberno.
Coa entrada do partido liberal no Goberno
debido á quenda dinástica, entra un novo líder, Canalejas. Canalejas propón
tamén unha serie de reformas. Entre elas destacan a lei do candado, que separa
Igrexia e Estado, co que evita o control da educación, promovendo así a
enseñanza laica. Outra reforma é a lei do servizo militar obrigatorio, que obrigaba
a todos os homes, daba igual á clase social á que pertenceran, a facer o
servizo militar, sen posibilidade de rescates, co que pretendía acabar co
caciquismo. Por último, Canalejas concedeulle a mancomunidade a Cataluña. A
quenda do partido liberal rematou co asasinato de Canalejas por un anarquista
en Madrid.
Durante este período entran en xogo novos
partidos políticos da oposición, como o PSOE, que se dividía en dúas alas: a
primeira, que pretendía derribar o sistema liberal e unha pequena minoría que
consideraba a posibilidade de facer reformas.
Este período remata coa crise de 1917,
provocada pola neutralidade de España na Primeira Guerra Mundial. España fíxose
exportadora de armas, co que o empresariado comezou a enriquecerse. Pero os
beneficios non son invertidos e incrementan a xornada laboral dos traballadores
para poder seguir producindo masivamente. Isto provoca un incremento dos prezos
e dos salarios, mais non proporcionalmente, o que provocou unha dura inflación
e unha conflitividade social, co descontento de tres sectores: os sectores
obreiros como a CNT ou a UXT; os
partidos políticos políticos “non dinásticos” (PSOE, LLIGA e republicanos), que
esixiran a dimisión do goberno e a convocatoria de Cortes constituíntes; e, por
último, o exército, que dividíase en dúas partes: as Xuntas de Defensa e os
africanistas, enfrontados polo ascenso dos militares participantes na Guerra de
Marrocos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario