martes, 20 de mayo de 2014

Inicio da guerra civil

Debido á polarización do goberno e ao clima revolucionario que se presenciaba na rúa, desencadeáronse unha serie de sucesos, como os asasinatos selectivos, que puexeron ao Estado en esntredito.
Este clima de violencia serviulles de preetexto á forzas antisistema ( monárquicos) para acelerar os seus plans golpistas.
O golpe de Estado comenzou o 18 de xulio de 1936 pero esta sublevación só triunfou nas zonas rurais ou de maioría conservadora, como Canarias, Galicia,etc. Non consegui triunfar nas grandes cidades que seguiron a ser republicanas non porque o Estado Republicano as defendera senón porque as milicias, grupos paramilitares irregulares creados polos partidos e sindicatos do frente popular dentro da zona republicana, foron provistas de armas polo Estado para facer fronte á zona sublevada. Con esta medida, conseguiuse frear a sublevación nas grandes cidades, pero tivo consecuencias gravísimas, pois o Goberno, ó ceder o monopolio da forza dos sindicatos, debilitouse irremediablemente permitindo a creación de microexércitos que defendían os seus intereses según o seu partido e non según o Estado Republicano.
os distintos bandos contaron con axuda das potencias internacionais, que máis tarde serían as forzas combatentes na Segunda Guerra Mundial. A URSS apoia aos republicanos e proporciona o material militar necesario, mentres que a Alemaña nazi e a Italia fascista, que se implicou máis, apoiaban aos sublevados trouxeron o material militar innnovador que máis tarde será o que se utilice na Segunda Guerra mundial, tal como as bombas incendiarias ou a Lexión Condor. Doutra banda ás democracias como Gran Bretaña ou Francia mantivéronse neutrais por medo á gran Alemaña ( Comité de Non Intervención)

No hay comentarios:

Publicar un comentario