Tras a crise de 1917 establecéronse gobernos
de concentración nacional, gobernos que inclúen varias opcións políticas que
pretende dar unha sensación de pluralidade, porque o parlamento permanece
pechado. Estes gobernos estiveron todos
marcados por unha alta conflictividade social, sobre todo procedente dos
sectores obreiros e o campesiñado. As folgas, a ocupación de terras
latifundistas en Andalucía e as desórdenes a garda civil deron lugar ao chamado
Trienio Bolchevique (1918-1921), e foron contestadas con dureza a través da lei
de fugas, que anulaba algunhas das garantías constitucionais, e o
pistoleirismo, grupos armados que impedían as folgas utilizandoa violencia
contra os dirixentes obreiros.
Este período estivo tamén marcado polo
problema marroquí. Tras o remate da Primeira Guerra Mundial, España quixo
afianzar a súa presenza na zona marroquí . Pero o exército español tropezouse
con Abd el Krin, que no ano 1921 conseguiu unir a todas as tribus de Marrocos e
formar un exército que derrotou a España na batalla de Annual. Este desastre
provocou que se abrise unha investigación por parte dunha comisión
parlamentaria para depurar responsabilidades ( Expediente Picasso). O resultado
de esta investigación foi a acusación a varios mandos militares e mesmo ó Rei,
co que se produciu o Golpe de Estado de Primo de Rivera, apoiado polo monarca.
No hay comentarios:
Publicar un comentario