O golpe de estado que primo de rivera. A
conflictividade social provocada polo escándalo parlamentario do expediente
picasso, fixeron que o sistema liberal entrase en crise. Prácticamente
ningún sector político se opuxo (salvo
os republicanos e a CNT), nin sequera a
poboación. Tampouco a Coroa fixo nada co que Alfonso XIII acabaría por unir o
futuro da institución ao avance da ditadura. . Este golpe militar xustificouse
coa intención de frear a revolución social que se aveciñaba, e presentábase
como unha solución provisional, coa que se pretendía volver ao
Rexeneracionismo.
Este novo réxime suspendeu a Constitución,
pechou o parlamento e instaurou unha forte represión contra de as liberdades,
os movementos obreiros e os nacionalismos, o que levou a supresión da
Mancomunidade de Cataluña.
Unha vez solucionado o conflito de Marrocos
grazas ó apoio de Francia en 1925, o réxime levou a cabo un programa de
economía dirixida cunha serie de obras públicas para facer dismunuír o paro.
Mais a crise de 1929 supuxo un desgaste para a economía española co que, a
oposición á ditadura aumentou, provocando así a dimisión de Primo de Rivera.
No hay comentarios:
Publicar un comentario