Tras a dimisión de Manuel Azaña, o presidente da República, Alcalá Zamora, convocou unhas novas eleccións lexislativas. Nestas eleccións de novembro de 1933, o partido da dereita católica, a CEDA, vence por maioría, pero Alcalá Zamora, temendo porque se producise unha rebelión dende dentro da Administración para acabar con ela, veta a Gil Robles, co que se produce a formación dun executivo "radical"( centrista) que ten como líder a Antonio Lerroux. ISto provoca que o partido radical conte co apoio da CEDA de forma intemitente, o que levou a unha auténtica parálise administrativa.
Coa entrada de dous ministros da CEDA no Consello de Ministros sucedéronse diversas revoltas sobre todo en Asturias e Cataluña, que non aceptaban a maioría da CEDA no goberno. En Asturias, tivo un carácter social, onde a maioría de partidos contrarios á CEDA ocuparon a zona mineira e procalamaron unha revolución social ("revolución bolchevique"), mentres que en Cataluña a Generalitat proclamou a independencia. Ambas protestas foron duramente reprimidas polo exército e as forzas de orde público.
A raíz das oposicións dos partidos gobernantes e as revoltas, convocáronse novas elección en febreiro de 1936.
No hay comentarios:
Publicar un comentario