Tras a dimisión de Primo de Rivera, e as disensións no exército como as
sublevacións de Taca encabezadas por Fermín Galán, xurdiu a necesidade de modernizar a sociedade
española e modificar o sistema de goberno. Alfonso XIII nomeou ao xeneral Berenguer xefe de goberno e ordenoulle convocar unhas
eleccións para retornar á legalidade constitucional; esta fase coñécese como
“dictablanda”. Xurdiu tamén durante esta época un programa común da oposición á monarquía alfonsina chamado
Pacto de San Sebastián que integraba ao PSOE, republicanos e catalanista
de esquerda.
Nas eleccións municipais de 1931 foi a
coalición republicano-socialista a que logrou a vitoria nas cidades. Comezaron
pois unha serie de protestas pacíficas pedindo a proclamación dunha república.
O rei Alfonso XIII soubo interpretar estas protestas e suspendeu a súa
potestade real e exiliouse, xurdindo así a proclamación da II República.
Este novo goberno formado por republicanos e
socialistas propuxo unha serie de reformas , entre elas a amnistía para todos
os presos políticos, dereitos “colectivos” cos que pretendía mellorar os
dereitos dos traballadores, unha nova ordenación electoral,para lograr unha
democracia efectiva sen caer no caciquismo e, por último estableceuse unha
Xeneralidade provisional para Cataluña.
Nun principio este goberno veuse ensombrecido
por algunhas mostras de anticlericalismo como a queima de conventos e algunhas
folgas obreiras por parte da CNT que aspiraba á revolución social.
En xuño de 1931 convocáronse eleccións a
Cortes Constituíntes, nas que saíu elixida a coalición republicano-socialista,
e que elaboraron a Constitución de 1931.
Esta Constitución tiña un carácter
democrático, que recoñecía os dereitos individuais, a separación de poderes
(executivo: Consello de Ministros e Presidente da República, lexislativo:
Cortes) e o sufraxio universal tanto masculino como feminino. Esta
constitución proclamaba a aconfesionalidade do Estado e á posibilidade de
construír gobernos autonómicos. Opuxéronse a ela os partidos conservadores, a
extrema dereita, os partidos de dereita, a Igrexia , un sector do exército e a
extrema esquerda, xa que non aceptaban certos aspectos de carácter relixioso e
autonómico.
No hay comentarios:
Publicar un comentario