Debido á polarización do goberno e ao clima revolucionario que se presenciaba na rúa, desencadeáronse unha serie de sucesos, como os asasinatos selectivos, que puexeron ao Estado en esntredito.
Este clima de violencia serviulles de preetexto á forzas antisistema ( monárquicos) para acelerar os seus plans golpistas.
O golpe de Estado comenzou o 18 de xulio de 1936 pero esta sublevación só triunfou nas zonas rurais ou de maioría conservadora, como Canarias, Galicia,etc. Non consegui triunfar nas grandes cidades que seguiron a ser republicanas non porque o Estado Republicano as defendera senón porque as milicias, grupos paramilitares irregulares creados polos partidos e sindicatos do frente popular dentro da zona republicana, foron provistas de armas polo Estado para facer fronte á zona sublevada. Con esta medida, conseguiuse frear a sublevación nas grandes cidades, pero tivo consecuencias gravísimas, pois o Goberno, ó ceder o monopolio da forza dos sindicatos, debilitouse irremediablemente permitindo a creación de microexércitos que defendían os seus intereses según o seu partido e non según o Estado Republicano.
os distintos bandos contaron con axuda das potencias internacionais, que máis tarde serían as forzas combatentes na Segunda Guerra Mundial. A URSS apoia aos republicanos e proporciona o material militar necesario, mentres que a Alemaña nazi e a Italia fascista, que se implicou máis, apoiaban aos sublevados trouxeron o material militar innnovador que máis tarde será o que se utilice na Segunda Guerra mundial, tal como as bombas incendiarias ou a Lexión Condor. Doutra banda ás democracias como Gran Bretaña ou Francia mantivéronse neutrais por medo á gran Alemaña ( Comité de Non Intervención)
martes, 20 de mayo de 2014
sábado, 17 de mayo de 2014
Ditadura de Primo de Rivera (1923-1931)
O golpe de estado que primo de rivera. A
conflictividade social provocada polo escándalo parlamentario do expediente
picasso, fixeron que o sistema liberal entrase en crise. Prácticamente
ningún sector político se opuxo (salvo
os republicanos e a CNT), nin sequera a
poboación. Tampouco a Coroa fixo nada co que Alfonso XIII acabaría por unir o
futuro da institución ao avance da ditadura. . Este golpe militar xustificouse
coa intención de frear a revolución social que se aveciñaba, e presentábase
como unha solución provisional, coa que se pretendía volver ao
Rexeneracionismo.
Este novo réxime suspendeu a Constitución,
pechou o parlamento e instaurou unha forte represión contra de as liberdades,
os movementos obreiros e os nacionalismos, o que levou a supresión da
Mancomunidade de Cataluña.
Unha vez solucionado o conflito de Marrocos
grazas ó apoio de Francia en 1925, o réxime levou a cabo un programa de
economía dirixida cunha serie de obras públicas para facer dismunuír o paro.
Mais a crise de 1929 supuxo un desgaste para a economía española co que, a
oposición á ditadura aumentou, provocando así a dimisión de Primo de Rivera.
sábado, 10 de mayo de 2014
Eleccións de febreiro de 1936
Debido aos enfrontamentos dos dous partidos gobernante, a CEDA e o partido radical, convocáronse unhas eleccións extraordinarias en febreiro de 1936. Estas eleccións se caracterizaron porque os partidos estaban moi polarizados. Os partidos da dereita como a CEDA ou a Falange presentáronse por separado, mentres que os partidos esquerditas como o PSOE, os republicanos e incluso os comunistas e a CNT, convencida tras a promesa de amnistía para todos os presos políticos incluídos os que tiñan delitos de sangre, presentáronse formando unha coalición electoral chamada Frente Popular. Aínda que a diferenza foi casi mínima o Frente Popular gaña as eleccións. Mais a dereita pretende derribar o sistema a través do exército. O PSOE entra nas Cortes e pretende utilizar as institucións para dar un Golpe de Estado. La calle se convierte en centro de discusión política, chegando incluso a haber mortes. O Estado perde o control da orde pública e as forzas extremistas da UXT, CNT e a Falange comezan a asasinar..
Bienio Conservador (1933-1936)
Tras a dimisión de Manuel Azaña, o presidente da República, Alcalá Zamora, convocou unhas novas eleccións lexislativas. Nestas eleccións de novembro de 1933, o partido da dereita católica, a CEDA, vence por maioría, pero Alcalá Zamora, temendo porque se producise unha rebelión dende dentro da Administración para acabar con ela, veta a Gil Robles, co que se produce a formación dun executivo "radical"( centrista) que ten como líder a Antonio Lerroux. ISto provoca que o partido radical conte co apoio da CEDA de forma intemitente, o que levou a unha auténtica parálise administrativa.
Coa entrada de dous ministros da CEDA no Consello de Ministros sucedéronse diversas revoltas sobre todo en Asturias e Cataluña, que non aceptaban a maioría da CEDA no goberno. En Asturias, tivo un carácter social, onde a maioría de partidos contrarios á CEDA ocuparon a zona mineira e procalamaron unha revolución social ("revolución bolchevique"), mentres que en Cataluña a Generalitat proclamou a independencia. Ambas protestas foron duramente reprimidas polo exército e as forzas de orde público.
A raíz das oposicións dos partidos gobernantes e as revoltas, convocáronse novas elección en febreiro de 1936.
Coa entrada de dous ministros da CEDA no Consello de Ministros sucedéronse diversas revoltas sobre todo en Asturias e Cataluña, que non aceptaban a maioría da CEDA no goberno. En Asturias, tivo un carácter social, onde a maioría de partidos contrarios á CEDA ocuparon a zona mineira e procalamaron unha revolución social ("revolución bolchevique"), mentres que en Cataluña a Generalitat proclamou a independencia. Ambas protestas foron duramente reprimidas polo exército e as forzas de orde público.
A raíz das oposicións dos partidos gobernantes e as revoltas, convocáronse novas elección en febreiro de 1936.
Bienio reformista (1931-1933)
O novo goberno de coalición republicana e
socialista comezou a reformar o país nun sentido democrático, laico e
descentralizado. A primeira destas reformas foi a reforma relixiosa, co que se
pretendía promover unha reforma educativa laica, perdendo así a Igrexia o seu
poder. Despois a reforma territorial, que convertía a España nun estado
integral, co que se permitían ás comunidades históricas establecer estatutos de
autonomía e gobernos autónomos. A reforma agraria, a máis polémica, que
pretendía poñerlle fin ao problema do latifundismo, lograr apoios socias para a
república e modernizar o país. Por último, levouse a cabo unha reforma do
exército que pretendía modernizar unha institución cun exceso de mandos,
atrasada tecnicamente e sacala do eido político.
Pero estas reformas topáronse con partidos da
oposición, como a CEDA ( partido católico),que se opoñía ás reformas
relixiosas e as clases altas de
propietarios latifundistas. Estes partidos, xunto cunha parte do exército
executaron o golpe militar de San Jurjo (1932).
Pero os partidos conservadores no eran os
únicos descontentos ante estas medidas. Os sectores obreiro como a CNT ou a UXT
tamén mostraban a súa negación á que a reforma agraria transcurrise dun modo
tan lento e burocrático. Emprenderonse algúns levantamentos campesiños entre os
que destaca Casas Viejas (1933).
Estes e outros levantamentos desprestixiaron
ao goberno e levaron á dimisión de Manuel Azaña como presidente do goberno.
A Segunda República
Tras a dimisión de Primo de Rivera, e as disensións no exército como as
sublevacións de Taca encabezadas por Fermín Galán, xurdiu a necesidade de modernizar a sociedade
española e modificar o sistema de goberno. Alfonso XIII nomeou ao xeneral Berenguer xefe de goberno e ordenoulle convocar unhas
eleccións para retornar á legalidade constitucional; esta fase coñécese como
“dictablanda”. Xurdiu tamén durante esta época un programa común da oposición á monarquía alfonsina chamado
Pacto de San Sebastián que integraba ao PSOE, republicanos e catalanista
de esquerda.
Nas eleccións municipais de 1931 foi a
coalición republicano-socialista a que logrou a vitoria nas cidades. Comezaron
pois unha serie de protestas pacíficas pedindo a proclamación dunha república.
O rei Alfonso XIII soubo interpretar estas protestas e suspendeu a súa
potestade real e exiliouse, xurdindo así a proclamación da II República.
Este novo goberno formado por republicanos e
socialistas propuxo unha serie de reformas , entre elas a amnistía para todos
os presos políticos, dereitos “colectivos” cos que pretendía mellorar os
dereitos dos traballadores, unha nova ordenación electoral,para lograr unha
democracia efectiva sen caer no caciquismo e, por último estableceuse unha
Xeneralidade provisional para Cataluña.
Nun principio este goberno veuse ensombrecido
por algunhas mostras de anticlericalismo como a queima de conventos e algunhas
folgas obreiras por parte da CNT que aspiraba á revolución social.
En xuño de 1931 convocáronse eleccións a
Cortes Constituíntes, nas que saíu elixida a coalición republicano-socialista,
e que elaboraron a Constitución de 1931.
Esta Constitución tiña un carácter
democrático, que recoñecía os dereitos individuais, a separación de poderes
(executivo: Consello de Ministros e Presidente da República, lexislativo:
Cortes) e o sufraxio universal tanto masculino como feminino. Esta
constitución proclamaba a aconfesionalidade do Estado e á posibilidade de
construír gobernos autonómicos. Opuxéronse a ela os partidos conservadores, a
extrema dereita, os partidos de dereita, a Igrexia , un sector do exército e a
extrema esquerda, xa que non aceptaban certos aspectos de carácter relixioso e
autonómico.
Goberno de concentración (1918-1923)
Tras a crise de 1917 establecéronse gobernos
de concentración nacional, gobernos que inclúen varias opcións políticas que
pretende dar unha sensación de pluralidade, porque o parlamento permanece
pechado. Estes gobernos estiveron todos
marcados por unha alta conflictividade social, sobre todo procedente dos
sectores obreiros e o campesiñado. As folgas, a ocupación de terras
latifundistas en Andalucía e as desórdenes a garda civil deron lugar ao chamado
Trienio Bolchevique (1918-1921), e foron contestadas con dureza a través da lei
de fugas, que anulaba algunhas das garantías constitucionais, e o
pistoleirismo, grupos armados que impedían as folgas utilizandoa violencia
contra os dirixentes obreiros.
Este período estivo tamén marcado polo
problema marroquí. Tras o remate da Primeira Guerra Mundial, España quixo
afianzar a súa presenza na zona marroquí . Pero o exército español tropezouse
con Abd el Krin, que no ano 1921 conseguiu unir a todas as tribus de Marrocos e
formar un exército que derrotou a España na batalla de Annual. Este desastre
provocou que se abrise unha investigación por parte dunha comisión
parlamentaria para depurar responsabilidades ( Expediente Picasso). O resultado
de esta investigación foi a acusación a varios mandos militares e mesmo ó Rei,
co que se produciu o Golpe de Estado de Primo de Rivera, apoiado polo monarca.
Crise da restauración (1898-1917)
Tras o desastre
colonial de 1898, onde a España se lle arrebataron diversos territorios, entre
eles o de Filipinas, que, azuzada por EE.UU Proclama a súa autonomía, ao igual
que moitos estados do caribe. Isto levou a España a unha nova crise, co que, en
lugar de centrar a súa atención en colonizar outros estados, centrou a súa atención
no gobernó interior.
O Conxunto de políticas encamiñas a sacar de
España do atraso político, económico e social, foi chamado Rexeneracionismo.
Estes cambios procuraban cambiar a estrutura política en España, simplificar a
administración e acabar co caciquismo para así lograr unha democracia real.
O primeiro goberno que adoptou estas medidas
foi o goberno conservador de Maura, que pretendía
racionalizar a administración e loitar contra o caciquismo. Pero estas reformas
víronse ensombrecidas por dous feitos. O primeiro foi a Guerra de Marrocos ( Barranco
del lobo 1909), o que obrigou a Maura a decretar unha lei de militarización
obrigatoria o que provocaba que as reservas , aqueles militares que tiñan
familia,sairan a loitar. Isto provocou que miles de mulleres e nenos saísen a rúa para
protestar, coincidindo cunha protesta sindical. Isto desembocou na Semana
Tráxica de Barcelona, onde as protestas tiveron que ser apaciguadas polas
forzas de orde público. Maura foi culpado por este feito, o que fixo imposible
unha reforma do sistema e propiciou a entrada do partido liberal no goberno.
Coa entrada do partido liberal no Goberno
debido á quenda dinástica, entra un novo líder, Canalejas. Canalejas propón
tamén unha serie de reformas. Entre elas destacan a lei do candado, que separa
Igrexia e Estado, co que evita o control da educación, promovendo así a
enseñanza laica. Outra reforma é a lei do servizo militar obrigatorio, que obrigaba
a todos os homes, daba igual á clase social á que pertenceran, a facer o
servizo militar, sen posibilidade de rescates, co que pretendía acabar co
caciquismo. Por último, Canalejas concedeulle a mancomunidade a Cataluña. A
quenda do partido liberal rematou co asasinato de Canalejas por un anarquista
en Madrid.
Durante este período entran en xogo novos
partidos políticos da oposición, como o PSOE, que se dividía en dúas alas: a
primeira, que pretendía derribar o sistema liberal e unha pequena minoría que
consideraba a posibilidade de facer reformas.
Este período remata coa crise de 1917,
provocada pola neutralidade de España na Primeira Guerra Mundial. España fíxose
exportadora de armas, co que o empresariado comezou a enriquecerse. Pero os
beneficios non son invertidos e incrementan a xornada laboral dos traballadores
para poder seguir producindo masivamente. Isto provoca un incremento dos prezos
e dos salarios, mais non proporcionalmente, o que provocou unha dura inflación
e unha conflitividade social, co descontento de tres sectores: os sectores
obreiros como a CNT ou a UXT; os
partidos políticos políticos “non dinásticos” (PSOE, LLIGA e republicanos), que
esixiran a dimisión do goberno e a convocatoria de Cortes constituíntes; e, por
último, o exército, que dividíase en dúas partes: as Xuntas de Defensa e os
africanistas, enfrontados polo ascenso dos militares participantes na Guerra de
Marrocos.
Introducción a España do século XX
Coa restauración
borbónica e a procalamación dunha nova constitución en 1876, estableceuse un
sistema político onde a soberanía era compartida entre a Nación e o Rei, e
proclamaba o bipartidismo. O bipartidismo consistía nunha quenda pacífica,
alternancia entre dous partidos políticos distintos que comparten unha base
común ( mesma base social, defensa da mesma constitución, etc) alternándose no
poder sen recorrer á violencia
(pronunciamentos).
Suscribirse a:
Entradas (Atom)