sábado, 14 de junio de 2014

Apuntes de la crisis del 29 y los fascismos

Hola a todos los de cuarto que leais este blog! A medida que pase la mañana iré subiendo los apuntes del fascismo y el nazismo, pero no los de la crisis de 1929 porque esos ya los dictó Fran.
Buena suerte a todos con los exámenes que os quedan! Espero que los apuntes os sirvan de ayuda.

martes, 20 de mayo de 2014

Inicio da guerra civil

Debido á polarización do goberno e ao clima revolucionario que se presenciaba na rúa, desencadeáronse unha serie de sucesos, como os asasinatos selectivos, que puexeron ao Estado en esntredito.
Este clima de violencia serviulles de preetexto á forzas antisistema ( monárquicos) para acelerar os seus plans golpistas.
O golpe de Estado comenzou o 18 de xulio de 1936 pero esta sublevación só triunfou nas zonas rurais ou de maioría conservadora, como Canarias, Galicia,etc. Non consegui triunfar nas grandes cidades que seguiron a ser republicanas non porque o Estado Republicano as defendera senón porque as milicias, grupos paramilitares irregulares creados polos partidos e sindicatos do frente popular dentro da zona republicana, foron provistas de armas polo Estado para facer fronte á zona sublevada. Con esta medida, conseguiuse frear a sublevación nas grandes cidades, pero tivo consecuencias gravísimas, pois o Goberno, ó ceder o monopolio da forza dos sindicatos, debilitouse irremediablemente permitindo a creación de microexércitos que defendían os seus intereses según o seu partido e non según o Estado Republicano.
os distintos bandos contaron con axuda das potencias internacionais, que máis tarde serían as forzas combatentes na Segunda Guerra Mundial. A URSS apoia aos republicanos e proporciona o material militar necesario, mentres que a Alemaña nazi e a Italia fascista, que se implicou máis, apoiaban aos sublevados trouxeron o material militar innnovador que máis tarde será o que se utilice na Segunda Guerra mundial, tal como as bombas incendiarias ou a Lexión Condor. Doutra banda ás democracias como Gran Bretaña ou Francia mantivéronse neutrais por medo á gran Alemaña ( Comité de Non Intervención)

sábado, 17 de mayo de 2014

Ditadura de Primo de Rivera (1923-1931)

O golpe de estado que primo de rivera. A conflictividade social provocada polo escándalo parlamentario do expediente picasso, fixeron que o sistema liberal entrase en crise. Prácticamente ningún  sector político se opuxo (salvo os republicanos e a CNT), nin sequera  a poboación. Tampouco a Coroa fixo nada co que Alfonso XIII acabaría por unir o futuro da institución ao avance da ditadura. . Este golpe militar xustificouse coa intención de frear a revolución social que se aveciñaba, e presentábase como unha solución provisional, coa que se pretendía volver ao Rexeneracionismo.
Este novo réxime suspendeu a Constitución, pechou o parlamento e instaurou unha forte represión contra de as liberdades, os movementos obreiros e os nacionalismos, o que levou a supresión da Mancomunidade de Cataluña.

Unha vez solucionado o conflito de Marrocos grazas ó apoio de Francia en 1925, o réxime levou a cabo un programa de economía dirixida cunha serie de obras públicas para facer dismunuír o paro. Mais a crise de 1929 supuxo un desgaste para a economía española co que, a oposición á ditadura aumentou, provocando así a dimisión de Primo de Rivera.

sábado, 10 de mayo de 2014

Eleccións de febreiro de 1936

Debido aos enfrontamentos dos dous partidos gobernante, a CEDA e o partido radical, convocáronse unhas eleccións extraordinarias en febreiro de 1936. Estas eleccións se caracterizaron porque os partidos estaban moi polarizados. Os partidos da dereita como a CEDA ou a Falange presentáronse por separado, mentres que os partidos esquerditas como o PSOE, os republicanos e incluso os comunistas e a CNT, convencida tras a promesa de amnistía para todos os presos políticos incluídos os que tiñan delitos de sangre, presentáronse formando unha coalición electoral chamada Frente Popular. Aínda que a diferenza foi casi mínima o Frente Popular gaña as eleccións. Mais a dereita pretende derribar o sistema a través do exército. O PSOE entra nas Cortes e pretende utilizar as institucións para dar un Golpe de Estado. La calle se convierte en centro de discusión política, chegando incluso a haber mortes. O Estado perde o control da orde pública e as forzas extremistas da UXT, CNT e a Falange comezan a asasinar..

Bienio Conservador (1933-1936)

Tras a dimisión de Manuel Azaña, o presidente da República, Alcalá Zamora, convocou unhas novas eleccións lexislativas. Nestas eleccións de novembro de 1933, o partido da dereita católica, a CEDA, vence por maioría, pero Alcalá Zamora, temendo porque se producise unha rebelión dende dentro da Administración para acabar con ela, veta a Gil Robles, co que se produce a formación dun executivo "radical"( centrista) que ten como líder a Antonio Lerroux. ISto provoca que o partido radical conte co apoio da CEDA de forma intemitente, o que levou a unha auténtica parálise administrativa.
Coa entrada de dous ministros da CEDA no Consello de Ministros sucedéronse diversas revoltas sobre todo en Asturias e Cataluña, que non aceptaban a maioría da CEDA no goberno. En Asturias, tivo un carácter social, onde a maioría de partidos contrarios á CEDA ocuparon a zona mineira e procalamaron unha revolución social ("revolución bolchevique"), mentres que en Cataluña a Generalitat proclamou a independencia. Ambas protestas foron duramente reprimidas polo exército e as forzas de orde público.
A raíz das oposicións dos partidos gobernantes e as revoltas, convocáronse novas elección en febreiro de 1936.

Bienio reformista (1931-1933)

O novo goberno de coalición republicana e socialista comezou a reformar o país nun sentido democrático, laico e descentralizado. A primeira destas reformas foi a reforma relixiosa, co que se pretendía promover unha reforma educativa laica, perdendo así a Igrexia o seu poder. Despois a reforma territorial, que convertía a España nun estado integral, co que se permitían ás comunidades históricas establecer estatutos de autonomía e gobernos autónomos. A reforma agraria, a máis polémica, que pretendía poñerlle fin ao problema do latifundismo, lograr apoios socias para a república e modernizar o país. Por último, levouse a cabo unha reforma do exército que pretendía modernizar unha institución cun exceso de mandos, atrasada tecnicamente e sacala do eido político.
Pero estas reformas topáronse con partidos da oposición, como a CEDA ( partido católico),que se opoñía ás reformas relixiosas  e as clases altas de propietarios latifundistas. Estes partidos, xunto cunha parte do exército executaron o golpe militar de San Jurjo (1932).
Pero os partidos conservadores no eran os únicos descontentos ante estas medidas. Os sectores obreiro como a CNT ou a UXT tamén mostraban a súa negación á que a reforma agraria transcurrise dun modo tan lento e burocrático. Emprenderonse algúns levantamentos campesiños entre os que destaca Casas Viejas (1933).

Estes e outros levantamentos desprestixiaron ao goberno e levaron á dimisión de Manuel Azaña como presidente do goberno.

A Segunda República


Tras a dimisión de Primo de Rivera,  e as disensións no exército como as sublevacións de Taca encabezadas por Fermín Galán,  xurdiu a necesidade de modernizar a sociedade española e modificar o sistema de goberno.  Alfonso XIII nomeou ao xeneral Berenguer  xefe de goberno e ordenoulle convocar unhas eleccións para retornar á legalidade constitucional; esta fase coñécese como “dictablanda”. Xurdiu tamén durante esta época un  programa común da oposición á monarquía alfonsina  chamado  Pacto de San Sebastián que integraba ao PSOE, republicanos e catalanista de esquerda.
Nas eleccións municipais de 1931 foi a coalición republicano-socialista a que logrou a vitoria nas cidades. Comezaron pois unha serie de protestas pacíficas pedindo a proclamación dunha república. O rei Alfonso XIII soubo interpretar estas protestas e suspendeu a súa potestade real e exiliouse, xurdindo así a proclamación da II República.
Este novo goberno formado por republicanos e socialistas propuxo unha serie de reformas , entre elas a amnistía para todos os presos políticos, dereitos “colectivos” cos que pretendía mellorar os dereitos dos traballadores, unha nova ordenación electoral,para lograr unha democracia efectiva sen caer no caciquismo e, por último estableceuse unha Xeneralidade provisional para Cataluña.
Nun principio este goberno veuse ensombrecido por algunhas mostras de anticlericalismo como a queima de conventos e algunhas folgas obreiras por parte da CNT que aspiraba á revolución social.
En xuño de 1931 convocáronse eleccións a Cortes Constituíntes, nas que saíu elixida a coalición republicano-socialista, e que elaboraron a Constitución de 1931.

Esta Constitución tiña un carácter democrático, que recoñecía os dereitos individuais, a separación de poderes (executivo: Consello de Ministros e Presidente da República, lexislativo: Cortes)  e o sufraxio  universal tanto masculino como feminino. Esta constitución proclamaba a aconfesionalidade do Estado e á posibilidade de construír gobernos autonómicos. Opuxéronse a ela os partidos conservadores, a extrema dereita, os partidos de dereita, a Igrexia , un sector do exército e a extrema esquerda, xa que non aceptaban certos aspectos de carácter relixioso e autonómico.