sábado, 14 de junio de 2014

A Ditadura nazi

Cos dous poderes principais do Estado en mans de Hitler , Alemaña converteuse nun estado totalitario, réxime político que persegue un estado forte, unindo ferreamente o corpo social do país. Isto só se pode conseguir mediante a supresión dos dereitos individuais,a democracia a iniciativa privada.
O Estado alemán caracterizábase poloantimarxismo, rechazo ao concepto marxista da loita de clases, pois debilita ó corpo social da nación; xunto co antisemitismo, rechazo total ao pobo xudeu, que sucedeu en tres fases ou etapas: as Leis de Nuremberg en 1935, que prohibían calquer tipo de relación sentimental con xente de raza xudeu, xa que un alemán ario debía preservar a súa sangue, que era das máis valiosas e importante do mundo; a Noite dos Cristais Rotos en 1938, onde se iniciou a persecución na rúa co boicot aos negocios xudeus e a queima de sinagogas, e por último, a solución final ou Holocausto a que, tras a conferencia de Wonsee e durante a 2ª Guerra Mundial, supoñia a eliminación "industrial" e sistemática de todos os xudeus de Alemaña e dos países ocupados polo Reich.

O asalto ó poder

Con todas as causas derivadas da crise de 1929 os extremismos comezan a sacar cabeza. A xente, co medo a un novo intento de golpe de estado comunista apoian máis ao nazismo.
Así pois, nas eleccións lexislativas de 1932 Hitler convírtese en chanceler ostentando así o poder executivo. isto non sería posible sen o apoio de Hindenburg, que veía a Hitler como un mal necesario para acabar cos comunistas.
Coa queima do Reichtag (parlamento alemán) sucedeuse á ilegalización do partido comunista,principal contendente dos nazis, que foi acusado de ser o culpable de este incendio.
Finalmente Hitler chega ó poder nas eleciións presidenciais de 1934, apoiado polos partidos de centro derita e a cidadanía.

O nazismo (1ª parte)

Tras a derrota na 1ª Guerra Mundial e o intento de golpe de Estado comunista en Berlín, Guillermo II abdica deixando un vacío de poder en Alemaña. Como solución impóse a República de Weimar, constitución democrática promulgada na cidade de Weimar que convierte por primeira vez na historia de Alemaña , a esta como un estado democrático e liberal.
A raíz da derrota Alemaña perdeu numerosos territorios e cidadáns ademais de ter que pagar á Entente altísimas compensacións económicas. Isto provocou que, no ano 1923, debido á imposibilidade de Alemaña para pagra as coutas os franceses invadiran a cuanca do Ruhr, unha das rexión industrias máis importantes de Alemaña que, polas condicións do Diktat debía estar desmilitarizada. Isto activou de novo a nacionalismo alemán. a invasión coincidiu tamén co intenton de golpe de Estado de Hitler durante a festa da cervexa de Múnich. Este golpe de Estado fracasou e hitler foi condenado a pena de cárcel.
Así pois, co Crack da Bolsa de Nova York en 1929, sucedeuse en Alemaña unha gravísima crise económica en Alemaña , provocada pola descapitalización do diñeiro americano en Europa. Al inflación en Alemñana comezou a subir cada vez máis arrastrando consigo a ruina da burguesía e da clase media propietaria creando un desaxuste entre a oferta de bens e servizos e o diñeiro.
Os cidadáns intentan buscar solucións rápidas para saír da crise así que comezan a apoiarse no extremismos (comunismo e nacionalsocialismo) para buscar solucións rápidas, xa que consideraban á República como símbolo de debilidade.

El fascismo italiano

tras o fin da Primeira Guerra Mundial, Italia sufriu numerosas perdas tanto humanas como económicas. Ademais os acordos de paz firmados no Tratado de Versalles non satisfaceron aos italianos pois as principais potencias (Francia e Gran Bretaña) Non otorgaron ao Estado italiano os territorios de Fiume e Dalmacia co que o pensamento irredentista, a reivindicación de territorios considerados propios por parte do nacionalismo italiano, estendeuse. A isto sumouselle unha grave crise económica que levou a unha polarización política entre os que destacaban comunistas (extrema esquerda) e fascistas (extrema dereita). O sistema monárquico-liberal foise degradando cada vez máis ata dar lugar a gobernos de concentración, o que provocou numerosos desórdene (ocupacións de terras) , folgas e a ausencia de orde público.
Con todo isto e o medo a unha revolución comunista, os fascistas de Mussolini ou camisas negras, foron gañándo poder ata convertirse no PFI (partido fascista italiano) que promulgou a lei acervo, lei electoral que reducía a proporcionalidade entre o número de votos e a representación conseguinte dos deputados. Foi nas eleccións de 1922 cando esta lei fíxose efectiva e, tras numeros folgas propostas pola esquerda que desembocaron nun descontrol nas rúas, produciuse a Marcha sobre Roma, onde Mussolini e os seus Camisas Negras pretendían demostara a súa forza ante o Rei para que llles entregase o control do goberno.
Isto, xunto co asasinato de Matteotti, que provocou a fuxida dos membros socialistas do parlamento en sinal de protesta, supuxo un grave error pois a cámara quedou vacía de contido, quedando así a merced dos fascistas que xa controlaban o Goberno.
En 1924 os fascistas pecharon o Parlamento e estableceron unha ditadura.
(para entender mellor as diferenzas entre fascismo, comunismo e liberalismo, tedes que mirar a táboa que copiamos na clase)

Apuntes de la crisis del 29 y los fascismos

Hola a todos los de cuarto que leais este blog! A medida que pase la mañana iré subiendo los apuntes del fascismo y el nazismo, pero no los de la crisis de 1929 porque esos ya los dictó Fran.
Buena suerte a todos con los exámenes que os quedan! Espero que los apuntes os sirvan de ayuda.

martes, 20 de mayo de 2014

Inicio da guerra civil

Debido á polarización do goberno e ao clima revolucionario que se presenciaba na rúa, desencadeáronse unha serie de sucesos, como os asasinatos selectivos, que puexeron ao Estado en esntredito.
Este clima de violencia serviulles de preetexto á forzas antisistema ( monárquicos) para acelerar os seus plans golpistas.
O golpe de Estado comenzou o 18 de xulio de 1936 pero esta sublevación só triunfou nas zonas rurais ou de maioría conservadora, como Canarias, Galicia,etc. Non consegui triunfar nas grandes cidades que seguiron a ser republicanas non porque o Estado Republicano as defendera senón porque as milicias, grupos paramilitares irregulares creados polos partidos e sindicatos do frente popular dentro da zona republicana, foron provistas de armas polo Estado para facer fronte á zona sublevada. Con esta medida, conseguiuse frear a sublevación nas grandes cidades, pero tivo consecuencias gravísimas, pois o Goberno, ó ceder o monopolio da forza dos sindicatos, debilitouse irremediablemente permitindo a creación de microexércitos que defendían os seus intereses según o seu partido e non según o Estado Republicano.
os distintos bandos contaron con axuda das potencias internacionais, que máis tarde serían as forzas combatentes na Segunda Guerra Mundial. A URSS apoia aos republicanos e proporciona o material militar necesario, mentres que a Alemaña nazi e a Italia fascista, que se implicou máis, apoiaban aos sublevados trouxeron o material militar innnovador que máis tarde será o que se utilice na Segunda Guerra mundial, tal como as bombas incendiarias ou a Lexión Condor. Doutra banda ás democracias como Gran Bretaña ou Francia mantivéronse neutrais por medo á gran Alemaña ( Comité de Non Intervención)

sábado, 17 de mayo de 2014

Ditadura de Primo de Rivera (1923-1931)

O golpe de estado que primo de rivera. A conflictividade social provocada polo escándalo parlamentario do expediente picasso, fixeron que o sistema liberal entrase en crise. Prácticamente ningún  sector político se opuxo (salvo os republicanos e a CNT), nin sequera  a poboación. Tampouco a Coroa fixo nada co que Alfonso XIII acabaría por unir o futuro da institución ao avance da ditadura. . Este golpe militar xustificouse coa intención de frear a revolución social que se aveciñaba, e presentábase como unha solución provisional, coa que se pretendía volver ao Rexeneracionismo.
Este novo réxime suspendeu a Constitución, pechou o parlamento e instaurou unha forte represión contra de as liberdades, os movementos obreiros e os nacionalismos, o que levou a supresión da Mancomunidade de Cataluña.

Unha vez solucionado o conflito de Marrocos grazas ó apoio de Francia en 1925, o réxime levou a cabo un programa de economía dirixida cunha serie de obras públicas para facer dismunuír o paro. Mais a crise de 1929 supuxo un desgaste para a economía española co que, a oposición á ditadura aumentou, provocando así a dimisión de Primo de Rivera.